A V edición do Premio Stephen Hawking, celebrada o 24 de marzo de 2023, estivo coordinada pola Doutora María Martinón Torres, directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana. Nesta edición presentáronse 40 traballos realizados por 63 estudantes (41 alumnas e 22 alumnos) de oito centros galegos. Ademais do noso instituto, participaron o Pintor Colmeiro de Silleda, o Blanco Amor de Ourense, o Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, o Eusebio da Guarda de A Coruña, o Arcebispo Xelmírez II de Santiago e o Colexio Compañía de María de A Coruña.
Ao acto asistiron o Reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, o Delegado da Universidade para o Ensino Medio, Celso Rodríguez, a Decana da Facultade de Física, Elena López, o Director científico do CIQUS, José Luis Mascareñas, e os inspectores Blanca Rodríguez e Manuel Guerra.
PRIMEIRO PREMIO
A alumna Irene Armesto Méndez do instituto Rosalía de Castro gañou o primeiro premio da V edición do Stephen Hawking. Recibiu o galardón de mans da Presidenta do Xurado e coordinadora do Premio: María Martinón Torres. O traballo de investigación que presentou Irene titúlase Acelerador magnético e foi coordinado polo profesor Enrique Cao.

GAÑADORES DO RETO 2100
Adrián Quiroga Linares, Héctor Moure Rodríguez e Candela López Fernández, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Antón Jopia Astray, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra, do IES Pintor Colmeiro, Aman Santana Da Silva, do IES Lucus Augusti, e Pablo García Gómez, do IES Rosalía de Castro.
4 SEGUNDOS PREMIOS
1. Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra (IES Pintor Colmeiro). 2. Bruno Bolaño Molezún (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda). 3. María Salgado Alcalde (IES Plurilingüe Rosalía de Castro). 4. Irene Armesto Méndez e Silvia Rodríguez Ardao (IES Plurilingüe Rosalía de Castro).
6 TERCEIROS PREMIOS
1. Carlota Romero Méndez (IES Arcebispo Xelmírez II). 2. Laura Vázquez Núñez e Pablo Serrano Pérez (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes). 3. Silvia Rodríguez Ardao (IES Plurilingüe Rosalía de Castro). 4. Ana Gallego Fernández e Candela López Fernández, (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes). 5. Inés Vázquez Rey (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda). 6. Elisa Marie Rodríguez Martínez, Iago Cabana Castro e Antón Jopia Astray (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda).