A VI edición do Premio Stephen Hawking de investigación celebrarase o 19 de abril de 2024. Esta edición, que ten como lema Intelixencias, está coordinada por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e investigadora do CITIC.
O premio está aberto a todo o alumnado dos centros galegos, en especial aos que imparten o Bacharelato STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas); nesta edición están convidados tamén dous institutos de fóra de Galicia que inparten o Bacharelato Internacional: O IES Ramiro de Maeztu de Madrid e o IES Castilla de Soria.
O día 19 de abril pola mañá os estudantes participantes terán que defender os seus traballos de investigación diante dun xurado que estará presidido pola profesora Amparo Alonso; pola tarde, antes do acto de entrega de premios, o alumnado, en grupos de diferentes centros, deberá enfrontarse ao reto Visión 2050.
Toda a información, así coma as bases do Premio, poden sonsultarse na web: VI Premio Stephen Hawking