A alumna Irene Armesto Méndez, de 2º de BI, foi mención de honra na Olimpíada Europea Feminina celebrada recentemente en Eslovenia. Irene formou parte do equipo español xunto con Alèxia Escudero (mención de prata), Jara Risco e Ariadna Franch. O ex profesor de matemáticas Rafael Romero colaborou na súa preparación.