QUE É REGALÍA?

A revista escolar Regalía, do instituto Rosalía de Castro, publícase unha vez ó ano coincidindo co fin do curso escolar nunha tirada de mil exemplares. Pódese adquirir esta revista no mes de maio, case sempre coincidindo co Día das Letras Galegas.

A revista do instituto compostelano, é un traballo colectivo que colleitou numerosos recoñecementos a nivel galego durante os seus dezaoito números xa editados e que  chegou tamén a Barcelona onde lles foi concedido o premio “Lobo mención especial do xurado 08”.

Este tipo de publicacions e traballos, como a revista Regalía, son importantes para conseguir a participación,  integración e o desarrollo sociocultural dos xóvenes.