A VI edición do Premio Stephen Hawking de investigación celebrouse o 19 de abril . Esta edición, co lema de Intelixencias, estivo coordinada por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e investigadora do CITIC. Nesta edición presentáronse 53 traballos (5 de ciencias sociais) pertencentes a 11 centros: ademais do Rosalía participaron os institutos Xelmírez II de Santiago, Eusebio da Guarda da Coruña, Blanco Amor de Ourense, Val Miñor de Nigrán, Lucus Augusti e A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, Xermán Ancochea Quevedo de Trives e o instituto de Brión. Por primeira vez tivemos dous centros de fóra de Galicia: o IES Castilla de Soria e Ramiro de Maeztu de Madrid.

Pola mañá, despois da benvida do director, os estudantes presentaron e defenderon os seus traballos de investigación diante dun xurado que estivo presidido pola Dra. Amparo Alonso; pola tarde, antes do acto de entrega de premios, o alumnado, en grupos de diferentes centros, participou nun xogo colaborativo, que consistiu en dar unha resposta orixinal ao reto Visión 2100: As Intelixencias Artificiais na sociedade do futuro.

PRIMEIRO PREMIO. A Dra. Amparo Alonso, coordinadora desta VI edición do Premio Stephen Hawking, entrega o 1º Premio aos estudantes, Daniela Montoto Pereira, Leyla Villar Abella e Anxo Vázquez Manzano, do IES Blanco Amor de Ourense.

SEGUNDOS PREMIOS. 1. Irene Lazzari Otero (IES Rosalía de Castro, de Santiago)) / 2. Mikel Escobar Díaz, Álvaro Francos Martínez e Unai Peral Fernández (IES de Brión) / 3. Antía Toimil Estévez (IES Rosalía de Castro, de Santiago) / 4. Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba (IES Val Miñor, de Nigrán).

TERCEIROS PREMIOS. 1. Laura Irea Sanjurjo Penas (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo) / 2. Brais Pena Docampo (IES Arcebispo Xelmírez II, de Santiago) / 3. Almudena Souto Pereiro (IES Rosalía de Castro, de Santiago) / 4. Samuel López García, Lucas Piñeiro Parra, Marta Rodríguez González e Santiago Vilas Subirán (IES Eusebio da Guarda, da Coruña) / 5. Azucena Fu Ji, Marcos Huerta Garrijo e Arturo Úcar Gazo (IES Castilla, de Soria) / 6. Manuel Muñoz Vázquez (IES Rosalía de Castro, de Santiago) / 7. Alejandro Gondelle Peinó (IES Arcebispo Xelmírez II, de Santiago) / 8. Claudia Fandiño Barreales e Claudia Seoane Oubiña (IES Rosalía de Castro, de Santiago) / 9. Daniela Canales Somolinos (IES Ramiro de Maeztu, de Madrid) / 10. Vega Armada Santos, Jorge Estévez de Carrillo e Elena Pernas Sancosmed (IES Eusebio da Guarda, da Coruña).

EQUIPO GAÑADOR DO RETO. Visión 2100: As Intelixencias Artificiais na sociedade do futuro
Laura Saavedra, Beatriz Neira e Manuel Carrasco (IES Eusebio da Guarda), Almudena Souto e María Lama (IES Rosalía de Castro), Jara Montesinos (IES Castilla), Alba Quintas (IES Blanco Amor), Galir Macía (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes), Manuel Leal (IES Arcebispo Xelmírez II) e Carlos Sáez (IES Ramiro de Maeztu).

O Premio Stephen Hawking nos medios