Vacantes para o curso 2024/25

1 ESO 2 ESO 3 ESO 4 ESO 1 BACH Ciencia e Tecnoloxía
1 BACH Ciencias Sociais e Humanidades
2 BACH Ciencia  e Tecnoloxía
2 BACH Ciencias Sociais e Humanidades
32(*) 0 0 0 41 11 0 0

(*) Resérvanse 12 prazas para a escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O aumento de prazas vacantes dependerá dos resultados académicos ou dalgunha baixa.

Prazo de presentación

O prazo de admisión de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo.

Presentación de solicitudes

A solicitude de admisión será única e terá carácter vinculante. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

Poderase presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción. Para iso entregarase cuberto o formulario normalizado Anexo II (ED550B) xunto co resto da documentación.

Tamén poderá presentarse de forma electrónica a través da aplicación de admisiónalumnado da Consellería de Educación ou na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

A solicitude de admisión de alumnado deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexos I-bis, II-bis e III-bis).

Documentación

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

d) Orixinal e copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

e) Os representantes legais deberán indicar se o alumnado presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando, se fose o caso, a documentación orixinal e copia que acredite as circunstancias alegadas).

f) Só para 1º de bacharelato, certificación académica de 3º da ESO.

Publicación das listaxes

A listaxe provisional publicarase o 25 de abril no taboleiro de anuncios do centro e será accesible a través da aplicación informática. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o Consello Escolar.

A listaxe definitiva publicarase o 15 de maio no taboleiro de anuncios do centro e será accesible a través da aplicación informática. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática admisionalumnado, utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

O número que se terá en conta para o desempate é o resultante do sorteo público. Os números de cada solicitante aparecen nas listaxes e adxudícanse automaticamente pola aplicación informática.

Prazo de matrícula

Do 24 de xuño ao 7 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.