PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN BOURNEMOUTH (Inglaterra)

É un programa de inmersión en inglés en Bournemouth, unha cidade costeira ao sur de Inglaterra. A estancia é de 14 días a principios de setembro. O alumnado alóxase en familias (2 estudantes por familia). Polas mañás acude a clases de inglés nunha escola situada no centro da cidade e polas tardes realiza actividades ou pequenas excursións. Durante a estancia visitará dúas cidades importantes. Nas seguintes imaxes pode verse o Programa do ano 2023.