Expedición de títulos de Bacharelato e Ciclos Superiores e pagamentos de taxas.
PROCEDEMENTO
Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou calquera dos Ciclos Superiores (incluídos FCT e proxecto) só che queda un paso para obter o título correspondente aos teus estudos que é o pagamento de taxas para a expedición do título.
Podes consultar as taxas ao final desta páxina, así como un exemplo de como cubrir o impreso.
PAGO DE TAXAS
O pago pode facerse de dúas formas:
Presencialmente
Recoller na secretaría do centro o “Impreso de autoliquidación de taxas” e cumprimentalo.
Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debe presentarse na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia del.
Telemáticamente
O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, https://ovt.atriga.gal/, seguindo estes pasos:
– Cidadáns
– Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
– Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
– Iniciar taxa.
– Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina.
– Continuar.
Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns – Pago de taxas e prezos – Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico ies.rosalia.castro@edu.xunta.gal, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
Importante: Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do modelo 730, a aplicación xerará un “Recibo do pago con tarxeta”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Cos datos deste recibo, terá que volver á aplicación e xerar o modelo 730, que será o que se entregará.
TAXAS DE EXPEDICIÓN
| Título |
Taxa Normal |
Taxa familia numerosa (xeral) |
Taxa familia
numerosa (especial) |
|
| Bacharel |
54,00 € | 27,03€ | 0€ | |
| Técnico Superior (Ciclo Superior) | 54,00 € | 27,03€ | 0€ | |
Exemplo de como cubrir o “Impreso de autoliquidación de taxas“
SOLICITUDE DE DUPLICADO DE TÍTULOS
As propostas de expedición de duplicados de títulos realizaranse nos prazos establecidos pola orde do 25 de abril de 1997 (DOG do 20 de maio) e para a súa tramitación seralles de aplicación a mesma normativa establecida para os títulos orixinais.
Expedición dun duplicado por perda ou destrucción do título que non permita a súa identificación:
Neste caso, para poder expedir un duplicado, é necesaria a publicación dun anuncio no Diario Oficial de Galicia no que se faga constar a perda ou destrucción total, debendo aboar a taxa de 70,38€ establecida para ese fin.
Os impresos correspondentes á dita taxa debe recollelos nas oficinas de Abanca, mediante o Modelo D de pagamento de inserción de anuncios.
Unha vez feito o pagamento, debe entregar na secretaría do centro a seguinte documentación:
1. Copia do DNI
2. Impreso de pagamento selado polo banco
( Instruccións para o pagamento de anuncios )
Logo de que transcorran 30 días dende a súa publicación, o/a alumno/a presentará no centro a seguinte documentación:
1. Solicitude de título (preme aquí para a súa descarga).
2. Copia do anuncio de perda ou destrucción total do título publicado no Diario Oficial de Galicia.
3. Xustificante (Modelo 730) do pagamento da taxa 4,98 €, establecida por reexpedición nos casos de títulos suxeitos a taxa, que sexa posterior á publicación do anuncio no DOG.