A Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020 (EDUlingüe) ten como finalidade impulsar a aprendizaxe de idiomas estranxeiros e recolle a súa extensión á formación profesional cos ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP).
O ciclo formativo plurilingüe ten como finalidade promover accións dirixidas á mellora das competencias lingüísticas do alumnado de formación profesional, en concreto:
- Favorecer a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos.
- Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita na lingua estranxeira, para facilitar o seu desempeño laboral no espazo europeo.
O curso 2019/2020 foi o primeiro no que se incluíu un CF plurilingüe (Estrela PluriFP) na oferta educativa do noso centro, o CS de Guía, información e asistencia turísticas. O módulo profesional non lingüístico que se imparte en lingua inglesa é o de Destinos turísticos de 213 h. de duración con 8 sesións semanais.