INICIATIVAS DESTINATARIOS RESPONSABLES METODOLOXÍA TEMPORALIZACIÓN
Bacharelato STEM Alumnado de bacharelato Coordinador do STEMBach O alumnado ten unha materia de Afondamento científico.

Charlas de investigadores.

Visita a centros singulares de investigación.

Elaborar e defender publicamente un traballo de investigación en 2º de bacharelato.

Durante 2 cursos.
Programa IN: Investigación, Innovación e Invención ESO Coordinador do Club de Ciencia Programa Club de Ciencia.

Elaboración de traballos de investigación.

Exposición e concurso público de traballos.

Curso escolar.
Semana da Ciencia ESO e Bacharelato Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía. Charlas con investigadores.

Actividades de fomento da ciencia protagonizados por alumnado de bacharelato.

Mes de novembro.
O día da nena e a muller na ciencia ESO e Bacharelato Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía. Exposicións.

Charlas con ex alumnas investigadoras.

11 de febreiro
Participación en certames e concursos: Galiciencia, Robótica, Jóvenes Investigadores ESO e Bacharelato Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Historia e Filosofía. Envío dos traballos e desprazamento para participar nas convocatorias. Datas concretas de cada Concurso.
Rali Matemático sen fronteiras ESO Departamento de Matemáticas Formación de grupos de competición.

Uso de ordenadores para desenvolver a proba.

Data da convocatoria.
Premio Stephen Hawking de investigación Bacharelato Coordinadores do Premio do centro.

Cada edición está coordinada por unha persoa investigadora de renome.

Bases do concurso. Mes de marzo

Un dos obxectivos do proxecto educativo do instituto é o de fomentar a cultura científica e tecnolóxica. Pretendemos que o noso alumnado cultive a curiosidade e desenvolva habilidades para a indagación e a investigación. Queremos sentar as bases dunha cultura científica entre o alumnado da ESO e o bacharelato, que lle permita acceder de xeito máis doado á investigación cando acceda á universidade. A ciencia e a tecnoloxía son piares fundamentais do desenvolvemento da sociedade actual e o alumnado debe familiarizarse con eles dende os primeiros anos do instituto. Como ben dixo o grande físico inglés Stephen Hawking na súa visita ao noso centro no ano 2008: O mundo depende cada vez máis da tecnoloxía e da ciencia. Polo tanto, é moi importante que a xente comprenda a ciencia e a mellor maneira de conseguilo é facer que se interesen por ela cando son novos.

No instituto apostamos pola presencia da investigación desde os primeiros cursos da ESO: a investigación como fonte de coñecemento. Tanto de coñecemento das estratexias globais que se poñen en práctica na resolución de problemas (a planificación da actividade orientada a un obxectivo escolar, o control e regulación desa actividade, e a súa avaliación ao finalizar a mesma) coma os coñecementos procedementais que se empregan no desenvolvemento de actividades investigadoras: a) as destrezas técnicas, relacionadas coa realización de montaxes, maquetas ou construción de aparatos; b) as destrezas básicas, como a clasificación, a seriación ou a observación; c) as destrezas de investigación, como a formulación de preguntas e hipóteses de traballo, a utilización de procedementos de contrastación ou a elaboración de conclusións; e d) as destrezas de comunicación, como a representación simbólica, a identificación de ideas en material escrito ou a elaboración de informes ou materiais.

ACTIVIDADES NO ÁMBITO DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

Son moitas as actividades científicas que se desenvolven no centro, pero hai dúas que sobresaen porque representan o faro da investigación científica: O Premio Stephen Hawking, para alumnado de bacharelato de centros galegos, e o Premio IN: innovación, investigación e invención, para o noso alumnado da ESO. Debemos destacar que no ano 2009 celebrouse no instituto o Certame internacional Ciencia en Acción: durante tres días máis de tres mil participantes, estudantes de primaria e secundaria, universitarios, profesores/as e divulgadores/as científicos/as de todo España, Latinoamérica e Portugal, puideron asistir á presentación de proxectos, conferencias, vídeos, obras de teatro e experiencias que serviron para achegar a todo o público a ciencia e a tecnoloxía.

Son moitos os premios acadados polo noso alumnado no ámbito científico. Nas Olimpíadas participamos tódolos anos e en todos temos alumnado que colleita premios tanto a nivel galego coma nacional. Na Olimpíada de Xeoloxía o noso alumnado participou en 4 ocasións na fase internacional: 2011, Ana Fandiño en Módena (Italia), 2016, Ángel García en Tokio, 2018, Pedro Vieites en Colombia, en 2021 tocaba ir a China, pero pola pandemia suspendeuse a viaxe, e Álvaro Pallas participou a distancia desde Girona. Desde o ano 2007 vimos participando ininterrompidamente no Certame de Xoves Investigadores, organizado polo Ministerio de Educación e o Instituto da Xuventude. Foron moitos os alumnos e alumnas que gañaron premios neste certame e houbo 2 que foron elixidos para representar a España no Certame Europeo de Xoves Investigadores: en 2009, Alejandro Rivero de Aguilar estivo no certame que se celebrou en París, onde recibiu o Premio Especial do Centro Nacional de Investigacións Científicas Francés, e en 2011, Pablo Almuiña estivo no certame que se celebrou en Helsinki. O xurado do Certame de Xoves Investigadores tamén concedeu Premios espaciais polo seu destacado labor de fomento da cultura científica no ámbito da xuventude a dúas profesoras do instituto: María Rosario García-Echave López, na edición de 2008, e María del Carmen Touza Prieto, en 2009. O xurado concedeu o Premio espacial ao centro en 2010.

No ámbito da tecnoloxía tamén acadamos numerosos premios. A fonte deses premios está no labor que dende hai anos desenvolve o profesorado de Tecnoloxía, fomentando a innovación e a creatividade e aportando axuda e ilusión. No curso 2005/6, o alumno Alejandro Rivero de Aguilar acadou o primeiro premio de Galicia Innovación Junior; Pablo Dobarro, no 2008/9; Pablo Fernández gañou o Premio Nacional Exporecerca organizado pola Universidade Pompeu Fabra no ano 2011; Carlos Almuiña, Pablo Dobarro, Pedro García e José Manuel Vigo obtiveron o Premio absoluto de Galiciencia en 2012 co seu coche eléctrico experimental.