O Bacharelato de excelencia (STEMbach) pretende:

  • Promover a investigación científica, tecnolóxica e humanística

  • Desenvolver competencias transversais como a creatividade, o traballo en equipo, a resolución de problemas, o pensamento crítico

  • Mellorar as destrezas comunicativas e expresivas (orais e escritas) tanto nas linguas cooficiais como nas estranxeiras

  • Desenvolver as competencias dixitais

  • Levar a cabo investigacións de maneira conxunta entre profesorado e alumnado

O alumnado que se incorpore ao STEMbach:

  • Cursará unha materia de afondamento do ámbito STEM extracurricular: A materia de afondamento, propia do bacharelato STEM, pretende dar soporte e ferramentas para apoiar o proxecto de investigación que terán que desenvolver. Ao longo do curso intentarase dar a coñecer como se planifica un traballo de investigación: bibliografía, deseño da investigación, redacción e presentación. A materia desenvólvese de xeito semanal (agás o período previo aos exames de avaliación), na tarde dos luns ou mércores, de 17 ás 19 horas. O profesorado que está a participar como titores no bacharelato STEM dará a coñecer os posibles ámbitos de realización de proxectos de investigación ademais de introducir ferramentas básicas para o traballo científico.

  • Realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores; como conferencias, obradoiros ou proxectos.

  • Desenvolverá un proxecto de investigación relacionado con calquera ámbito de coñecemento, de forma individual ou en grupo dun máximo de 3 estudantes.

  • O alumnado participante incorporarase no programa Mentoring STEMbach o que lle permitirá obter ata 6 créditos de libre configuración nas tres universidades galegas.

  • Haberá un recoñecemento dos mellores traballos que serán expostos polo alumnado nun acto central único e interuniversitario.