O Bacharelato internacional é un prestixioso programa dirixido a calquera alumno de 16 a 19 anos. O noso centro imparte o Programa do Diploma (PD) do Bacharelato Internacional® (IB) dende o ano 1989. O programa do Diploma está coordinado pola Organización do Bacharelato Internacional (OBI), cuxa sede está en Xinebra.

O alumnado cursa conxuntamente o bacharelato internacional e o bacharelato ordinario. Polo tanto, os estudantes que rematan satisfactoriamente os seus estudos obteñen un dobre título: o Diploma do Bacharelato Internacional e o título de bacharel.

As modalidades de bacharelato ordinario que se ofrecen son: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Cienciais Sociais.

REUNIÓN INFORMATIVA

Tódolos cursos, despois de Semana Santa, hai unha reunión informativa presencial no instituto para as familias e estudantes interesados no Programa do Bacharelato internacional. A convocatoria da reunión comúnicase persoalmente e publícase na páxina web. Pregamos que as persoas interesadas transmitan o seu interés á coordinadora do BI, Arantxa Fuentes, a través do correo electrónico bi@iesrosaliadecastro.org ou no teléfono 881866556.

O Programa do Diploma

O Programa do Diploma é un programa educativo rigoroso e equilibrado, que aborda o benestar intelectual, social, emocional e físico do alumnado. Este programa é moi valorado por universidades prestixiosas de todo o mundo.

O perfil da comunidade do Bacharelato Internacional® (IB) abrangue un amplo abano de capacidades e responsabilidades que camiñan alén do éxito académico. A investigación, o pensamento crítico, a independencia, a solidariedade son algúns dos valores máis salientables do BI. O Programa do Diploma ten como obxectivo formar alumnos e alumnas que sexan:

Indagadores, informados e instruídos, pensadores, bos comunicadores, íntegros, de mentalidade aberta, solidarios, audaces, equilibrados e reflexivos.

O currículo está formado por un tronco común do Programa do Diploma e seis grupos de materias. O tronco común do PD pretende ampliar a experiencia educativa dos alumnos e desafialos a aplicar na realidade os seus coñecementos e habilidades. Os elementos troncais son os siguientes:

Teoría do Coñecemento (TdC): onde os alumnos reflexionan sobre a naturaleza do coñecemento e o xeito a partir do que coñecemos o que afirmamos saber.

Monografía: traballo de investigación que culmina cun ensaio de 4.000 palabras.

Creatividade, Acción e Servizo (CAS), onde os alumnos completan un proxecto relacionado con estos tres conceptos. A finalidade é incorporar ao currículum actividades que os definan como cidadáns activos e solidarios, capaces de crear e organizar proxectos en equipo coa solidaridade como base da súa reflexión.

Paralelamente o alumnado cursará materias da súa modalidade (científico-tecnolóxica ou ciencias da saúde, ciencias sociais ou humanidades) tendo en conta que algunhas das materias serán de Nivel Superior (NS) e outras de Nivel Medio (NM). A diferenza está no seu alcance e nivel de profundidade. Espérase que os alumnos de NS destaquen por ter un abanico máis amplo de coñecementos, comprensión e habilidades.

Cada alumno debe cursar un mínimo de tres asignaturas (e un máximo de cuatro) do NS, y o resto do NM. As asignaturas do NM equivalen a 150 horas lectivas, mentras que as de NS comprenden 240.

Os estudantes do noso centro cursan ademais outras asignaturas necesarias para o bacharelato ordinario.

Plan de estudos de 1º de Bacharelato internacional

Plan de estudos de 2º de Bacharelato internacional