Creatividade, actividade e servizo (CAS) é o espazo utópico do BI. O lugar onde habita a posiblilidade de levar a cabo aqueles proxectos que sempre quixeches realizar no instituto e nunca puideches: unha banda de rock, facer unha película, limpar unha praia, axudar aos máis desfavorecidos, colaborar con Cruz Vermella, Médicos do mundo, deseñar unha viaxe, …
Trátase dun programa basado na capacidade de producir coñecemento a partir da túa propia experiencia alén de materias e currículos: o teu desexo é a guía.
Terás que converter as túas vivencias en autoridade e reflexionar sobre elas, exprimirlle o saber que atopaches.
Deberás recoñecer aquelo que che fascina e ser capaz de contaxiarllo aos teus compañeiros de viaxe.