INICIATIVAS DESTINATARIOS RESPONSABLES METODOLOXÍA TEMPORALIZACIÓN

Premio Literario San Clemente

LECTORES: Alumnado ESO e Bacharelato.

XURADO: Está constituído por 2 estudantes de 2º de bacharelato en cada unha das modalidades (lingua galega, castelá e estranxeira). Ao principio, o xurado estaba formado por alumnado do noso instituto e de 4 centros públicos galegos, un por cada provincia. Na actualidade, o xurado é moito máis amplo: ademais de haber 5 institutos galegos, ao incorporarse un máis de Santiago, temos un centro de Madrid, o
Isntituto Ramiro de Maeztu, e alumnado de centros cos que nós temos intercambios: Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), Hockerill Angloeuropean College (Gran Bretaña) e Grimmelshausen Gymnasium Gelnhausen (Hesse, Alemaña).

Un Comité de selecciona as 3 mellores novelas do ano en curso das 3 modalidades. No mes de xuño envíanselle as 3 novelas aos membros do xurado de cada modalidade. No mes de novembro os xurados de cada modalidade deciden as novelas gañadoras. No mes de marzo entréganse os premios aos escritores/as galardoados nun acto público. Despois da entrega, hai unha cea no Hostal dos Reis Católicos con alumnado e profesorado dos centros que participaron no xurado.

Premio de ensaio Bento de Spinoza

LECTORES: Bacharelato.

XURADO: Está constituído por 2 estudantes de 2º de bacharelato do noso centro e de 4 máis galegos.

Un Comité de selecciona os 5 mellores ensaios do ano en curso. Primeiramente envíanselle os ensaios aos membros do xurado, que deberá decidir dentro duns meses qué ensaio é o gañador. O premio entrégase nun acto público. Despois da entrega,  hai unha cea no Hostal dos Reis Católicos con alumnado e profesorado dos centros que participaron no xurado.

 Clubes de lectura

Alumnado de ESO e Bacharelato. Equipo de Dinamización da Biblioteca. O equipo selecciona as obras para os diferentes clubes de lectura, que se complementan con charlas e obradoiros, coma o de Manga. Todo o curso.

Concurso literario en lingua castelá

Tdodo o alumado. Departamento de Lingua castelá. O Departamento difunde as bases do premio nos taboleiros das aulas. Cando remata o prazo, un xurado le os traballos de creación presentados e decide os premios en narrativa e poesía. A resolución do xurado coñécese arredor do 23 de abril, Día do libro.

Concurso Antón Fraguas

 Todo o alumnado.  Departamento de lingua galega. O Departamento difunde as bases do premio nos taboleiros das aulas. Cando remata o prazo, un xurado le os traballos de creación presentados e decide os premios en narrativa e poesía. A resolución do xurado coñécese arredor do 17 de maio, Día das letras galegas.

No instituto estamos plenamente convencidos da necesidade de que o alumnado teña unha boa educación no ámbito das humanidades, porque, para construírmos unha visión completa do mundo, necesitamos o contacto cos grandes autores e sensibilidades do pasado, coñecer as propostas literarias, filosóficas e históricas doutros tempos. Entendemos que ese coñecemento é fundamental para desenvolver a reflexión e o espírito crítico, piares básicos de toda democracia. A literatura , ao poñérmonos en conctato con situacións semellantes ás da vida mesma, fomenta a empatía, pero ademais, como ten dito o Premio Nobel e gañador da 1ª edición do Premio San Clemente, Mario Vargas Llosa: “Un pobo contaminado de ficcións é más difícil de escravizar ca un pobo aliterario ou inculto. A literatura é enormemente útil porque é unha fonte de insatisfacción permanente; crea cidadáns descontentos, inconformes. Fainos ás veces máis infelices, pero tamén nos fai moito máis libres”.

Desde sempre, o instituto caracterizouse por fomentar a creatividade, a reflexión e o espírito crítico do alumnado a través de múltiples actividades de lectura e creación. Primeiro foron os premios literarios convocados para o Día do libro, 23 de abril, e as Letras galegas, o 17 de maio; despois as publicacións das revistas escolares nos anos 80, con títulos como O galiñeiro, As cinzas do maxín ou Cadernos, e nos 90 coa elaboración do xornal EL Correo del Sar, en colaboración con El Correo Gallego (a partir do curso 95/96 pasaría a ser O Correo do Rosalía), e dende 1996, coa creación dos Equipos de Dinamización Lingüística, vénse publicando regularmente a revista Regalía: unha canle que o alumnado utiliza para informar da vida do centro e opinar sobre cuestións de actualidade.

Posteriormente nacerían dous premios singulares: o Premio literario San Clemente, en 1993, e o Premio de ensaio Bento Spinoza, en 2008. A singularidade reside en que é un xurado novo de estudantes de bacharelato quen decide as novelas e os ensaios gañadores. Esa singularidade de xurado “non contaminado” ten sido moi valorada polos escritores e escritoras ao recibir o premio.