CONVOCATORIA ORDINARIA DA PAU 2026


DATAS PARA A MATRÍCULA DA PAU

Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: mércores, 13 de maio, en horario de 9:00h a 14:00h.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

1- DEPÓSITO DO TÍTULO DE BACHAREL
• Impreso de solicitude do título de Bacharel
• Copia do DNI ou pasaporte en vigor
• Resgardo do pago da taxa do depósito de título (modelo A)

2- MATRÍCULA DA PAU
• Impreso oficial de prematrícula na PAU que se pode descargar, debidamente cumprimentado polo alumnado, e imprimir da páxina web da CIUG:
Modelo Matrícula PAU
• Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes:
Pago de tasas
• En caso de realizar o pagamento das taxas de forma telemática utilizando unha tarxeta de crédito, deberase achegar igualmente a documentación que acredite a exención ou redución das mesmas.

REVISIÓN DA SOLICITUDE DA MATRÍCULA DA PAU

Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro

Prazo: luns, 18 de maio, en horario de 16:30h a 19:30h.
• O día da revisión o alumnado poderá solicitar a modificación dos datos contidos no impreso de prematrícula e entregaráselle o Historial Académico do Bacharelato.

* Non se poderán facer cambios na matrícula da PAU despois do 22 de maio (ata as 12:00h)

EXAMES DA PAU

• Datas dos exames: 2, 3 e 4 de XUÑO. O lugar de realización dos exames determinarao a CIUG (http://ciug.gal).

* Horario da convocatoria ordinaria

Todo o alumnado ten que estar o MARTES 2 de XUÑO ás 9:00 h. no lugar de realización do exame fixado pola CIUG. O chamamento será por orde alfabética e, para entrar, deberase levar o DNI en vigor, o resgardo da matrícula e o xustificante de pagamento.

• O día 11 de xuño, a partir das 20:00h, o alumnado recibirá por correo electrónico as cualificacións provisionais.
• O día 12 de xuño o alumnado recibirá a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU asinada dixitalmente no seu correo electrónico.
• O prazo de presentación da revisión da cualificación obtida nun, ou en varios exames, é do 12 ao 16 de xuño (ata as 14:00h.). As reclamacións das cualificacións das probas faranse a través da aplicación (www.edu.xunta.es/nerta/).
• O día 18 de xuño faranse públicas as cualificacións definitivas despois da resolución das solicitudes de revisión (a partir das 20:00h).
• A partir do día 17 de xuño o alumnado recibirá a súa Tarxeta de Cualificación Definitiva da ABAU asinada dixitalmente. En caso de ter presentado reclamación, recibirá a Tarxeta a partir do día 19 de xuño.

ACTIVACIÓN DA CONTA USUARIO DO NERTA

• No momento da matrícula no centro o alumnado recibirá na súa conta de correo electrónico a información cos pasos a seguir para activar a conta de usuario que lle permitirá acceder posteriormente á aplicación NERTA:
▪ 1- Introducir DNI e o PIN recibidos
▪ 2- Engadir un contrasinal (mínimo 8 caracteres, maiúsculas, minúsculas, números) e confirmalo.
▪ 3- Buscar no navegador a aplicación NERTA e acceder co usuario e o contrasinal.
• Nesta aplicación teredes acceso aos vosos datos da matrícula de PAU, as calificacións provisionais e definitivas dos exames, así como a posibilidade de presentar reclamacións.
• As incidencias que puidesen xurdir relativas a esta aplicación xestionaranse a través dos correos electrónicos uac@edu.xunta.gal, soporte.nerta@edu.xunta.es ou nos teléfonos da Unidade de Atención a Centros (UAC) 881 99 77 01 e 902 90 54 45.