CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE ABAU DO CURSO 2022-23
DATAS PARA A MATRÍCULA DA ABAU
Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: martes, 28 de xuño, en horario de 9:00h a 14:30h.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
1- DEPÓSITO DO TÍTULO DE BACHAREL
• Impreso de solicitude do título de Bacharel
• Copia do DNI ou pasaporte en vigor
• Resgardo do pago da taxa do depósito de título (modelo A)
2- MATRÍCULA DA ABAU
• Impreso oficial de prematrícula na ABAU que se pode descargar, debidamente cumprimentado polo alumnado, e imprimir da páxina web da CIUG:
https://ciug.gal/PDF/ABAU2022/impreso_prematricula_bach.pdf
• Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes:
https://ciug.gal/PDF/ABAU2022/impreso_taxas.pdf
• En caso de realizar o pagamento das taxas de forma telemática utilizando unha tarxeta de crédito, deberase achegar igualmente a documentación que acredite a exención ou redución das mesmas.
REVISIÓN DA SOLICITUDE DA MATRÍCULA DA ABAU
Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: mércores, 29 de xuño, en horario de 9:00h a 14:30h.
• O día da revisión o alumnado poderá solicitar a modificación dos datos contidos no impreso de prematrícula e entregaráselle o Historial Académico do Bacharelato.
EXAMES DA ABAU
• Datas dos exames: 12, 13 e 14 de XULLO. O lugar de realización dos exames determinarao a CIUG (http://ciug.gal).
• Todo o alumnado ten que estar o MARTES 12 de XULLO ás 9:00 h. no lugar de realización do exame fixado pola CIUG. O chamamento será por orde alfabética e, para entrar, amosarase o DNI en vigor.
• O día 20 de xullo, a partir das 20:00h, o alumnado recibirá por correo electrónico as cualificacións provisionais.
• O día 20/21 de xullo o alumnado recibirá a súa “Tarxeta de Cualificación Provisional” da ABAU asinada dixitalmente no seu correo electrónico.
• O prazo de presentación da revisión da cualificación obtida nun, ou en varios exames, é do 21 ao 26 de xullo (ata as 14:00h.). Para facer unha reclamación das cualificacións das probas a través da aplicación (www.edu.xunta.es/nerta/) é aconsellable falar antes coa xefatura de estudos do centro.
• O día 27 de xullo o alumnado recibirá por correo electrónico as cualificacións definitivas e a súa “Tarxeta de Cualificación Definitiva” da ABAU asinada dixitalmente. Se non lle chegase poderá solicitala na Secretaría do centro.
ACTIVACIÓN DA CONTA USUARIO DO NERTA
• No momento da matrícula no centro o alumnado recibirá na súa conta de correo electrónico a información cos pasos a seguir para activar a conta de usuario que lle permitirá acceder posteriormente á aplicación NERTA:
1- Introducir DNI e o PIN recibidos
2- Engadir un contrasinal (mínimo 8 caracteres, maiúsculas, minúsculas, números) e confirmalo.
3- Buscar no navegador a aplicación NERTA e acceder co usuario e o contrasinal.
• Nesta aplicación teredes acceso aos vosos datos da matrícula de ABAU, as calificacións provisionais e definitivas dos exames, así como a posibilidade de presentar reclamacións.
• As incidencias que puidesen xurdir relativas a esta aplicación xestionaranse a través dos correos electrónicos uac@edu.xunta.gal, soporte.nerta@edu.xunta.es ou nos teléfonos da Unidade de Atención a Centros (UAC) 881 99 77 01 e 902 90 54 45.