CONVOCATORIA ORDINARIA DE ABAU CURSO 2023/24


DATAS PARA A MATRÍCULA DA ABAU

Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: xoves, 16 de maio, en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

1- DEPÓSITO DO TÍTULO DE BACHAREL
• Impreso de solicitude do título de Bacharel
• Copia do DNI ou pasaporte en vigor
• Resgardo do pago da taxa do depósito de título (modelo A)

2- MATRÍCULA DA ABAU
• Impreso oficial de prematrícula na ABAU que se pode descargar, debidamente cumprimentado polo alumnado, e imprimir da páxina web da CIUG:
https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/impreso_prematricula_bach.pdf
• Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes:
https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/impreso_taxas_bach.pdf
• En caso de realizar o pagamento das taxas de forma telemática utilizando unha tarxeta de crédito, deberase achegar igualmente a documentación que acredite a exención ou redución das mesmas.

REVISIÓN DA SOLICITUDE DA MATRÍCULA DA ABAU

Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: martes, 21 de maio, en horario de 9:00h a 14:30h.
• O día da revisión o alumnado poderá solicitar a modificación dos datos contidos no impreso de prematrícula e entregaráselle o Historial Académico do Bacharelato.

EXAMES DA ABAU

• Datas dos exames: 4, 5 e 6 de XUÑO. O lugar de realización dos exames determinarao a CIUG (http://ciug.gal).
Todo o alumnado ten que estar o MARTES 4 de XUÑO ás 9:00 h. no lugar de realización do exame fixado pola CIUG. O chamamento será por orde alfabética e, para entrar, deberase levar o DNI en vigor, o resgardo da matrícula e o xustificante de pagamento.
• O día 13 de xuño, a partir das 20:00h, o alumnado recibirá por correo electrónico as cualificacións provisionais.
• O día 14 de xuño o alumnado recibirá a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU asinada dixitalmente no seu correo electrónico.
• O prazo de presentación da revisión da cualificación obtida nun, ou en varios exames, é do 14 ao 18 de xuño (ata as 14:00h.). Para facer unha reclamación das cualificacións das probas a través da aplicación (www.edu.xunta.es/nerta/) é aconsellable falar antes coa xefatura de estudos do centro.
• O día 20 de xuño faranse públicas as cualificacións definitivas despois da resolución das solicitudes de revisión (a partir das 20:00h).
• O día 21 de xuño o alumnado recibirá a súa Tarxeta de Cualificación Definitiva da ABAU asinada dixitalmente. Se non lle chegase poderá solicitala na Secretaría do centro.

ACTIVACIÓN DA CONTA USUARIO DO NERTA

• No momento da matrícula no centro o alumnado recibirá na súa conta de correo electrónico a información cos pasos a seguir para activar a conta de usuario que lle permitirá acceder posteriormente á aplicación NERTA:
▪ 1- Introducir DNI e o PIN recibidos
▪ 2- Engadir un contrasinal (mínimo 8 caracteres, maiúsculas, minúsculas, números) e confirmalo.
▪ 3- Buscar no navegador a aplicación NERTA e acceder co usuario e o contrasinal.
• Nesta aplicación teredes acceso aos vosos datos da matrícula de ABAU, as calificacións provisionais e definitivas dos exames, así como a posibilidade de presentar reclamacións.
• As incidencias que puidesen xurdir relativas a esta aplicación xestionaranse a través dos correos electrónicos uac@edu.xunta.gal, soporte.nerta@edu.xunta.es ou nos teléfonos da Unidade de Atención a Centros (UAC) 881 99 77 01 e 902 90 54 45.