O primeiro trimestre do curso rematou cun exitoso concurso de Coreografías celebrado o último día de clase, o 22 de decembro, organizado e presentado polo alumnado do ciclo de Animación Sociocultural. O auditorio encheuse de estudantes para disfrutar das coreografías dos seus compañeiros e compañeiras: houbo 11 coreografías que participaron no concurso de alumnado da ESO e Bacharelato e 5 que realizou o alumnado do ciclo de Animación Sociocultural. Na categoría do 1º ciclo da ESO gañou a coreografía individual co título de MIMI (de Maira Facal Facal, de 1º A da ESO ) e na categoría de ESO e Bacharelato o primeiro premio foi para o grupo SHUT UP AND DANCE (de Nuria Blanco e Adriana Vila, de 3º B da ESO).

VÍDEO RESUMO COREOGRAFÍAS 2022