
Este curso volvemos realizar, despois de 2 anos, o intercambio co colexio inglés Hockerill Anglo-European College, un centro público con internado situado aproximadamente a 70 km ao norte de Londres. Dezaseis estudantes e dúas profesoras estiveron aquí connosco do 22 ao 30 de marzo. Ademais da convivencia en familias e a asistencia ás clases, o alumnado inglés visitou a cidade da Coruña e fixo un percorrido polas Rías Baixas, dende Pontevedra ata a Illa da Toxa. O noso alumnado irá a Hockerill do 14 ao 21 de maio.