ENTREGA DE BOLETÍNS

Ás 19:00 horas do día 15 de maio entregaranse os boletíns e, ao alumnado aprobado, os impresos de matrícula ABAU nas seguintes aulas:

CURSO AULA
2º A e 2º B PB10
2º C e 2º D PB14
2º E e 2º F PB9
2º BI PB13

INFORMACIÓN SOBRE AS CUALIFICACIÓNS

Aqueles/as alumnos/as que desexen algunha información sobre a súa cualificación deberán manifestalo por escrito, mediante solicitude presentada en conserxería o mesmo día 15 e ata as 10:00 horas do día 16. O profesorado atenderá aos alumnos/as o día 16 ás 11:15 horas nas aulas que se indican a continuación.

DEPARTAMENTO AULA
ALEMÁN PA13 B
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DEP. CIENCIAS
DEBUXO PA12
ECONOMÍA PA8
FILOSOFÍA PA11
FÍSICA E QUÍMICA LABORATORIO QUÍMICA
FRANCÉS PA9
INGLÉS BIBLIOTECA
LATÍN PA13 B
LINGUA CASTELÁ PA10
LINGUA GALEGA PA14
MATEMÁTICAS PA17
MÚSICA AULA MÚSICA
TECNOLOXÍA PB6B
XEOGRAFÍA E HISTORIA DEP. XEOGRAFÍA E HISTORIA

RECLAMACIÓNS ANTE O CENTRO

Regulado na Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

No caso de que o/a alumno/a non quedara conforme coa información dada polo profesor/a da materia, nesa data, pode elevar unha reclamación ante o Centro, tendo de prazo na Convocatoria ordinaria os días 20 e o 21 de maio e na Extraordinaria os días 17 e 18 de xuño, nos dúas convocatorias en horario de oficina (9:00h a 14:00h). A solicitude deberá ser presentada en modelo oficial que estará dispoñible na secretaría do centro.

O/a alumno/a que realizou a reclamación ante o centro poderá recoller a resolución o día 22 de maio, na Convocatoria ordinaria, e o 19 de xuño, na Extraordinaria, en horario de 20:00 h a 21:00 h.

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o/a alumno/a poderá presentar por escrito (modelo oficial) á dirección do centro docente os días 23 e 24 de maio, na Convocatoria ordinaria, e os días 20 e 21 de xuño, na Extraordinaria, unha reclamación ante a Xefatura territorial correspondente.