Publícanse as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2024/2025.

Estas listaxes poden consultarse no taboleiro de anuncios situado na entrada do edificio ou a través da aplicación admisionalumnado, coa Chave 365 ou certificado dixital.

A partir do día 23 de xuño e ata o 7 de xullo, o alumnado admitido poderá pasar pola conserxería do noso centro para coller o sobre de matrícula, onde terá a información e os documentos a presentar para formalizar a mesma.