A alumna Ana Jorquera Domínguez, de 2º D da ESO, acadou a Medalla de Ouro na Olimpíada Matemática Galega de 2º da ESO que se celebrou en Lugo o 25 de maio. Ana participará na fase nacional que se celebrará en Tenerife entre o 23 e 26 de xuño de 2023. Colaborou na súa preparación a súa profesora de matemáticas Raquel Bouza.
Esta alumna particpara na fase comarcal celebrada o xoves 27 de abril en Santiago xunto con outros estudantes de 2º da ESO: Aarón Alush, Mara Fernández, Iñaki Berea, Teo Calo, Oriel Rivas, Alba Fernádez-Cid e Naiara Otero.