Alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participou na actividade MicroMundo, un proxecto de investigación que coordina a doutora Trinidad de Miguel da Universidade de Santiago que ten como finalidade encontrar novos antibióticos producidos por bacterias. A actividade estivo organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.