Un grupo de 21 estudantes franceses, xunto con dúas profesoras, procedentes do Collège-Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Francia) estiveron no noso instituto participando nun intercambio de 10 días, do 9 ao 19 de outubro, con alumnado de francés de 4º da ESO e 1º de bacharelato do noso centro. Durante a súa estancia, o alumnado francés asistiu a clases, realizou unha excursión á cidade da Coruña e visitou lugares emblemáticos da cidade compostelana coma os tellados da catedral. Nos últimos días, alumnado do ciclo de Guías organizou actividades de animación turística cos estudantes do intrercambio.