O 25N-Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero celebrouse no centro cunha exposición na planta alta co título Non somos cómplices, do alumnado de Educación Plástica e Visual de 1º, 3º e 4º da ESO coordinado polo seu profesorado, e un acto nos recreos, o venres 24, no que houbo música e lectura de relatos e poemas escritos polo alumnado. O decorado da zona do arco foi realizado polos profesores Sole Pite e Pedro Ávila. En cada un dos recreos un estudante leu o Manifesto do instituto: Non somos cómplices.