O primeiro trimestre do curso rematou cun exitoso concurso de Coreografías celebrado o último día de clase, o 21 de decembro, organizado e presentado polo alumnado do ciclo de Animación Sociocultural. O auditorio encheuse de estudantes para disfrutar das coreografías dos seus compañeiros e compañeiras: houbo 12 coreografías que participaron no concurso de alumnado da ESO e Bacharelato e 4 que realizou o alumnado do ciclo de Animación Sociocultural. Na categoría do 1º ciclo da ESO, os gañadores foron: 1º premio para GOLDEN (de Román Quintáns, de 2º D da ESO), 2º premio MIMI (Maira Facal, de 2º A da ESO), 3º premio WOMEN (Julia Seoane e Adela Sampedro, de 1º C da ESO); e na categoría de 3º e 4º da ESO e Bacharelato, o primeiro premio foi para a coreografía PSYCO (de Blanca Barreiro, de 2º D de Bacharelato) e o segundo para MEAN GIRLS (Nuria Blanco e Eva Jahnen, de 4ºA, Aurora Generelo, de 4º C e Celia Caamaño, de 4ºD).

VÍDEO RESUMO DAS COREOGRAFÍAS