Un éxito na Olimpíada de Física. As 4 alumnas de 2º de bacharelato que se presentaron obtiveron premio: Belén Merino Pazos, 2ª clasificada, Maite Ares Batalla, 3ª, Alba Agrelo Aldrey, 4ª, e Ana Rosende Piñeiro, 5ª. Colaborou na súa preparación a profesora Rita Rial.

Belén Merino acudirá á fase nacional da Olimpíada que se celebrará do 4 ao 7 de abril en Granada.