O xoves 23 de maio anunciouse, en rolda de prensa celebrada no Salón de Claustros do instituto, as obras finalistas da XXVIII edición do Premio Literario San Clemente, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. As finalistas en lingua galega son: Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello editado por Galaxia; Diario de dúas casas, de María Villamarín do selo Euseino? Editores, e O ano das mazás, de Montse Ferreira Fervenza publicado por Xerais. En lingua castelá: La naturaleza secreta de las cosas de este mundo, de Patricio Pron editada por Anagrama; Literatura infantil, de Alejandro Zambra, tamén editada por Anagrama; e No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina publicada por Seix Barral. En lingua estranxeira, as obras finalistas son: Una salida honrosa, do francés Éric Vuillard (Tusquets); Miradnos Bailar, da autora francomarroquí Leïla Slimani, e El retrato de casada, da británica Maggie O’Farrell (Libros del Asteroide).

Na presentación desta edición participaron o director do centro, Xavier Mouriño, a xefa do departamento de Lingua Castelá e coordinadora do Premio, Marta Gende, a profesora de Lingua Galega, Sira Vidal, e o secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García, quen destacou que a altura e calidade das novelas “é unha oportunidade de observar o nivel da nosa lingua e literatura, que compite coas grandes literaturas do mundo”.

O xurado que deberá decidir as novelas gañadores no curso 2024/25 está constituído por estudantes de 2º de bacharelato pertencentes a dez centros educativos: o IES do Sar (Santiago de Compostela), o IES de Brión (Brión, A Coruña), o IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra), o IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo), o IES Universidade Laboral (Ourense), o IES Ramiro de Maeztu (Madrid), o Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemaña), o Hockerill Anglo European College (Reino Unido) e o propio Instituto Rosalía de Castro.

NOVELAS FINALISTAS

LINGUA GALEGA

LINGUA CASTELÁ

LINGUA ESTRANXEIRA

Presentación do XXVIII Premio San Clemente nos medios