CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE PAU DO CURSO 2025-26
DATAS PARA A MATRÍCULA DA PAU
Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: venres 12 de xuño, en horario de 9:00h a 14:00h.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
1- DEPÓSITO DO TÍTULO DE BACHAREL
• Impreso de solicitude do título de Bacharel
• Copia do DNI ou pasaporte en vigor
• Resgardo do pago da taxa do depósito de título (modelo A)
2- MATRÍCULA DA PAU
• Impreso oficial de prematrícula na PAU que se pode descargar, debidamente cumprimentado polo alumnado, e imprimir da páxina web da CIUG: MODELO
* Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes: PAGO TAXA
• En caso de realizar o pagamento das taxas de forma telemática utilizando unha tarxeta de crédito, deberase achegar igualmente a documentación que acredite a exención ou redución das mesmas.
REVISIÓN DA SOLICITUDE DA MATRÍCULA DA PAU
Lugar: Secretaría do Instituto Rosalía de Castro
Prazo: O mesmo venres 12 de xuño, ao facer a matrícula en horario de 9:00h a 14:00h.
* O día da revisión o alumnado poderá solicitar a modificación dos datos contidos no impreso de prematrícula e entregaráselle o Historial Académico do Bacharelato.
* NON será posible facer cambios na matrícula da PAU despois do 19 de xuño (ata as 12:00h).
EXAMES DA PAU
• Datas dos exames: 30 de XUÑO, 1 e 2 de XULLO. O lugar de realización dos exames determinao a CIUG (Sedes).
* Horario da convocatoria extraordinaria
• Todo o alumnado ten que estar o MARTES 30 de XUÑO ás 9:00 h. no lugar de realización do exame fixado pola CIUG. O chamamento será por orde alfabética e, para entrar, deberase levar o DNI en vigor, o resgardo da matrícula e o xustificante de pagamento.
* O día 9 de xullo, a partir das 20:00 horas, faranse públicas en Nerta as cualificacións provisionais.
• A partir do día 10 de xullo, o alumnado recibirá por correo electrónico a tarxeta de cualificación provisional asinada dixitalmente..
• O prazo de solicitude da revisión da cualificación obtida nun, ou en varios exames, é do 10 ao 14 de xullo (ata as 14:00h.). Para facer unha
reclamación das cualificacións das probas a través da aplicación (www.edu.xunta.es/nerta/) é aconsellable falar antes coa xefatura de estudos do centro.
• O
día 17 de xullo a partir das 20:00 horas, faranse públicas as cualificacións definitivas despois das resolución das solicitudes de revisión.
• A partir do día 15 de xullo o alumnado recibirá por correo electrónico a súa tarxeta de cualificación definitiva da APAU asinada dixitalmente.
ACTIVACIÓN DA CONTA USUARIO DO NERTA
• No momento da matrícula no centro o alumnado recibirá na súa conta de correo electrónico a información cos pasos a seguir para activar a conta de usuario que lle permitirá acceder posteriormente á aplicación NERTA:
1- Introducir DNI e o PIN recibidos
2- Engadir un contrasinal (mínimo 8 caracteres, maiúsculas, minúsculas, números) e confirmalo.
3- Buscar no navegador a aplicación NERTA e acceder co usuario e o contrasinal.
• Nesta aplicación teredes acceso aos vosos datos da matrícula de ABAU, as calificacións provisionais e definitivas dos exames, así como a posibilidade de presentar reclamacións.
• As incidencias que puidesen xurdir relativas a esta aplicación xestionaranse a través dos correos electrónicos uac@edu.xunta.gal, soporte.nerta@edu.xunta.es ou nos teléfonos da Unidade de Atención a Centros (UAC) 881 99 77 01 e 902 90 54 45.