Curso 2024/2025
A PARTIR DO 12 DE XULLO PODEN PASAR A RECOLLER OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR NA SECRETARÍA DO CENTRO DE 9 A 14 HORAS.
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Forma de presentación:
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024
Documentación complementaria:
Especifícase no artigo 11 da Orde de convocatoria
NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
Máis información:
Listado de librerías e outros establecementos participantes en Axudas Libros (vales de libros e material)
Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia
Manual de usuario para solicitantes