ENTREGA DE BOLETÍNS
Ás 19:00 horas do día 15 de maio entregaranse os boletíns e, ao alumnado aprobado, os impresos de matrícula ABAU nas seguintes aulas:
CURSO | AULA |
---|---|
2º A e 2º B | PB10 |
2º C e 2º D | PB14 |
2º E e 2º F | PB9 |
2º BI | PB13 |
INFORMACIÓN SOBRE AS CUALIFICACIÓNS
Aqueles/as alumnos/as que desexen algunha información sobre a súa cualificación deberán manifestalo por escrito, mediante solicitude presentada en conserxería o mesmo día 15 e ata as 10:00 horas do día 16. O profesorado atenderá aos alumnos/as o día 16 ás 11:15 horas nas aulas que se indican a continuación.
DEPARTAMENTO | AULA |
---|---|
ALEMÁN | PA13 B |
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA | DEP. CIENCIAS |
DEBUXO | PA12 |
ECONOMÍA | PA8 |
FILOSOFÍA | PA11 |
FÍSICA E QUÍMICA | LABORATORIO QUÍMICA |
FRANCÉS | PA9 |
INGLÉS | BIBLIOTECA |
LATÍN | PA13 B |
LINGUA CASTELÁ | PA10 |
LINGUA GALEGA | PA14 |
MATEMÁTICAS | PA17 |
MÚSICA | AULA MÚSICA |
TECNOLOXÍA | PB6B |
XEOGRAFÍA E HISTORIA | DEP. XEOGRAFÍA E HISTORIA |
RECLAMACIÓNS ANTE O CENTRO
Regulado na Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
No caso de que o/a alumno/a non quedara conforme coa información dada polo profesor/a da materia, nesa data, pode elevar unha reclamación ante o Centro, tendo de prazo na Convocatoria ordinaria os días 20 e o 21 de maio e na Extraordinaria os días 17 e 18 de xuño, nos dúas convocatorias en horario de oficina (9:00h a 14:00h). A solicitude deberá ser presentada en modelo oficial que estará dispoñible na secretaría do centro.
O/a alumno/a que realizou a reclamación ante o centro poderá recoller a resolución o día 22 de maio, na Convocatoria ordinaria, e o 19 de xuño, na Extraordinaria, en horario de 20:00 h a 21:00 h.
No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o/a alumno/a poderá presentar por escrito (modelo oficial) á dirección do centro docente os días 23 e 24 de maio, na Convocatoria ordinaria, e os días 20 e 21 de xuño, na Extraordinaria, unha reclamación ante a Xefatura territorial correspondente.