A Real Academia Galega de Ciencias concedeunos o Premio RAGC de Divulgación Científica 2023 polo noso “proxecto educativo no fomento da cultura científica e tecnolóxica”. A Academia resalta que no instituto se desenvolve un “programa científico notable con moitas actividades como o `Premio Stephen Hawking´, para alumnado de Bacharelato de centros galegos; o `Premio IN: innovación, investigación e invención´, para estudantes da ESO; e a participación relevante na Semana da Ciencia ou no Rally Matemático sen Fronteiras.”
A entrega do Premio realizouse o 21 de xuño no pazo de San Roque, nun acto no que a Real Academia Galega de Ciencias tamén entregou os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia e o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas. Acompañounos un grupo numeroso de alumnado, profesorado e persoal non docente.