A Olimpíada de Física é unha actividade que forma parte da programación do Departamento de Física e Química. A profesora Rita Rial é a encargada de preparar o alumnado que decide presentarse á Proba.
A Real Sociedad Española de Física é quen convoca a Olimpíada, e as universidades as que organizan a fase local.
https://rsef.es/olimpiada-espanola-de-fisica
2024-25. Alejandro Campo Herbés: Medalla de Ouro na fase galega e Medalla de Prata na fase Nacional celebrada en Valencia. Antía Blanco Villaverde: medalla de Bronce na fase rexional
2023-24. Belén Merino Pazos: Medalla de Prata na Olimpíada de Física na fase galega e Medalla de Bronce na Olimpíada Nacional de Física, celebrada en Granada.