Os resultados do alumnado na ABAU foron excelentes. Presentáronse 124 estudantes e aprobaron todos. Un total de 30 obtiveron o Diploma de excelencia que outorga a universidade aos mellores expedientes na parte xeral con 9 ou máis puntos. A entrega deses Diplomas realizouse o venres 21 de xuño no Coliseum da Coruña dentro do programa Megabau, que este curso organizou a Universidade herculina xunto coas outras 2 universidades galegas e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.

A nota media da parte xeral da ABAU do noso alumnado está en 7,61 e a nota media do expediente de bacharelato en 8,27. Hai 16 estudantes que superan os 13 puntos.