O noso instituto recibiu 2 premios na XXXV edición do Certamen de Jóvenes Investigadores, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación e do Instituto da Xuventude. A alumna Jimena Martinón Ferrero, cun traballo coordinado polo profesor de Física e Química Suso Fidalgo, gañou un 2º premio, dotado con 3.000 €, e as alumnas Claudia Seoane Oubiña e Claudia Fandiño Barreales (que non puido asistir ao Certamen), un 3º, dotado con 2.000 €, cun traballo coordinado pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía Sandra Vázquez.

O Certame realizouse durante os días 27 e 28 de xuño no Centro Eurolatinoamericano de Xuventude de Mollina (Málaga). Jimena e Claudia Seoane acudiron a Mollina acompañadas de dous profesores: Suso Fidalgo e Charo García-Echave.