O proxecto Efectos de las condiciones metereológicas en la cantidad de rayos cósmicos detectados en la superficie, da alumna Belén Merino Pazos, foi seleccionado como mellor proxecto de investigación de Stembach 2024 realizados no ámbito da USC.
O 2 de xullo celebrouse no Museo da Cidade da Cultura o acto de Recoñecemento aos mellores proxectos de investigación de Stembach de 2024, organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Estaba convocado o alumnado dos 9 proxectos finalistas, tres por cada universidade galega. Polo noso centro foron selecionados os traballos de 2 alumnas, de Jimena Martinón Ferrero e Belén Merino Pazos, que tiveron que expoñer publicamente. O xurado selecionou o traballo de investigación de Belén Merino Pazos entre os tres mellores proxectos (un por cada universidade), que foi galardoado coa asistencia ao evento internacional sobre ciencia e tecnoloxía Btyste 2025, que se celebrará do 12 ao 14 de xaneiro en Dublín.
Este acto ten como finalidade o recoñecemento do traballo investigador no Stembach tanto do alumnado coma do profesorado coordinador. Do proxecto de Jimena, o coordinador do noso centro foi o profesor de Física e Química Suso Fidalgo e da universidade de Santiago, Antonio Salas; do proxecto de Belén, o profesor de Física Enrique Cao, do instituto, e Cristina Cabo da USC.