Claves para fomentar o autocontrol e a tolerancia á frustración dos fillos e fillas
Guía para as familias elaborada por CEAPA con recomendacións para pais sobre como desenvolver o autocontrol e a tolerancia á frustración dos fillos e fillas.
Guía de seguridade en redes sociais para familias
Nesta guía do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) poderás atopar resposta a preguntas como por exemplo: por que lles gustan as redes sociais, qué motiva aos rapaces e rapazas para pasar parte do seu tempo de lecer conectados, como podemos axudarlles a facer un uso equilibrado e, tamén, como fomentar o seu acompañamento para un uso seguro.
Guía de TikTok para as familias
Esta guía inclúe consellos e explicacións para nais e pais sobre TikTok. Ten como finalidade promover o comportamento dixital responsable. Con ela, pais, nais e titores poderán coñecer todas as ferramentas desenvolvidas por esta plataforma de contidos para que as e os adolescentes gocen dunha experiencia positiva e segura. Trátase da primeira alianza de TikTok cunha organización española para contribuír no desenvolvemento seguro das contornas dixitais.