Expedición de títulos de Bacharelato e Ciclos Superiores e pagamentos de taxas.
PROCEDEMENTO DE EXPEDICIÓN
Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou Ciclos Superiores (incluídos FCT e proxecto) só che queda un paso para obter o título correspondente aos teus estudos que é o pagamento de taxas para a expedición do título.
Podes consultar as taxas ao final desta páxina, así como un exemplo de como cubrir o impreso.
Moi importante:
- Non pagar as taxas sen antes asegurarvos que titulades, confirmadeo antes.
- A data de ingreso da taxa na Entidade Bancaria ten que ser posterior á data da avaliación final.
PAGO DE TAXAS
O pago pode facerse de dúas formas:
-
Presencialmente
Recoller na secretaría do centro o “Impreso de autoliquidación de taxas” e cumprimentalo.
Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debe presentarse na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia del.
-
Telematicamente
O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, https://ovt.atriga.gal/, seguindo estes pasos:
- Cidadáns.
- Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
- Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
- Iniciar taxa.
- Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina.
- Continuar.
Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns – Pago de taxas e prezos – Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico ies.rosalia.castro@edu.xunta.gal, xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
Importante: Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do modelo 730, a aplicación xerará un “Recibo do pago con tarxeta”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Cos datos deste recibo, terá que volver á aplicación e xerar o modelo 730, que será o que se entregará.
TAXAS DE EXPEDICIÓN
Título |
Taxa Normal |
Taxa familia numerosa (xeral) |
Taxa familia
numerosa (especial) |
|
Bacharel |
54,00 € | 27,03€ | 0€ | |
Técnico Superior (Ciclo Superior) | 54,00 € | 27,03€ | 0€ | |
Exemplo de como cubrir o “Impreso de autoliquidación de taxas“