O pasado 6 de marzo participamos co alumnado e profesorado do grupo de Igualdade do centro e de 1º ESO nunha batucada reivindicativa pola alameda de Santiago. Foi unha actividade compartida co IES Xelmírez I e co IES Antonio Fraguas, cos que vimos colaborando hai anos en materia de Igualdade.
Tocamos, berramos e lemos un manifesto no que se constataba que é preciso seguir reivindicando.
No 8 de marzo e en todos os días do ano!


