Ao ser o 14 de maio festivo en Santiago de Compostela (Ascensión) e segundo a normativa, no caso daqueles centros nos que o día 15 de maio coincida cun día non lectivo de libre disposición elixido polo propio centro no marco do calendario escolar, e de conformidade co previsto na Orde do 21 de outubro, para os supostos nos que o último día do prazo sexa non lectivo, a publicación entenderase prorrogada ata o seguinte día lectivo.
Polo tanto, as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso académico 2026/2027 publicaranse o próximo luns día 18 de maio.
Estas listaxes poden consultarse no taboleiro de anuncios situado na entrada do edificio ou a través da aplicación admisionalumnado, coa Chave 365 ou certificado dixital.
A partir do día 23 de xuño e ata o 7 de xullo, o alumnado admitido poderá pasar pola conserxería do noso centro para coller o sobre de matrícula, onde terá a información e os documentos a presentar para formalizar a mesma.