Atención á diversidade

No Portal Educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional recóllese moita información sobre convenios, protocolos, recursos, servizos de atención á diversidade, así como información sobre alumnado con necesidade específica de apoio educativo ou outras diversidades.

Estatexia galega de convivencia escolar Educonvives

No mesmo Portal Educativo tamén se recolle a estratexia galega de convivencia escolar e os protocolos de EDUCONVIVES, un sistema de xestión da vida escolar dos centros educativos de Galicia. Os protocolos abordan temas como a identidade de xénero, protección de datos, igualdade, prevención e o control do absentismo escolar, urxencias sanitarias, TDAH, atención educativa domiciliaria, etc.