![CIENCIA NOS RECREOS](https://iesrosalia.gal/wp-content/uploads/2023/01/CIENCIA-NOS-RECREOS.png)
O Club de Ciencia e o Departamento de Física e Química organizaron os Recreos de Ciencia durante os meses de novembro e decembro. Só cunha mesa, que colocaron preto da porta do laboratorio de Física e Química, e uns cantos utensilios de laboratorio e algún que outro recurso coma ovos frescos, os magos da ciencia souberon atraer ao alumnado no seu momento de lecer. Cada semana estivo adicada a unha actividade concreta e o alumnado puido descubrir cousas “máxicas” que a ciencia nos explica de forma experimental.
![recreo1](https://iesrosalia.gal/wp-content/uploads/2022/12/recreo1.jpg)
![recreo2](https://iesrosalia.gal/wp-content/uploads/2022/12/recreo2.jpg)
![recreo3](https://iesrosalia.gal/wp-content/uploads/2022/12/recreo3.jpg)