Curso 2025/2026 

Prazo de solicitude: do 16/5/2025 a 20/6/2025, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B

­­Forma de presentación:

Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos/as.

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2025-2026, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2024-2025.

Documentación complementaria:

Especifícase no artigo 11 da Orde da convocatoria.

NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria].

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

Máis información:

Listado de librerías e outros establecementos participantes en Axudas Libros (vales de libros e material)

Información na Sede electrónica da Xunta de Galicia

Manual de usuario para solicitantes

“Preguntas frecuentes”