Está publicado no taboleiro de anuncios do instituto a listaxe definitiva de adxudicación do fondo de libros.

Os cheques de material escolar están na secretaria do centro para a súa recollida e listaxe dos libros adxudicados atópase no taboleiro de anuncios e repartiranse ao alumnado na primeira semana de clase.

As persoas que fixeran a solicitude de forma telemática poderán consultar a resolución accedendo por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.