
O mesmo día que demos vacacións, o 22 de decembro, o alumnado do Bacharelato Internacional organizou, dentro do seu programa de Creatividade, Actividade e Servizo (CAS), un extraordinario Mercado solidario de Nadal. Os estudantes do BI, apenas baixaron os alumnos e alumnas para o auditorio a disfrutar do concurso de coreografías, puxeronse a sacar pupitres das aulas para ter todo preparado nos corredores da planta baixa para inaugurar mercado ás 16.30h. Levaban máis dun mes recollendo libros, xoguetes e roupa para poñer á venda ese día e destinar o diñeiro recadado á Cruz Vermella.