O exame realizarase o venres 26 de maio de 2023 no IES Rosalía de Castro de Santiago.
O chamamento para o ámbito científico-tecnolóxico farase a partir das 8:45 horas.
As probas realizaranse no horario seguinte:
9.30 a 12.00: Ámbito científico-tecnolóxico.
12.15 a 13.15: Ámbito social.
16.00 a 19.00: Ámbito de comunicación.
As listaxes provisionais de cualificacións publicaranse na páxina web do centro www.iesrosalia.gal e no portal da Consellería www.edu.xunta.gal o día 2 de xuño.
O período de reclamación será ata as 14.oo horas do día 9 de xuño e as listaxes definitivas publicaranse o día 10 de xuño.
CONVOCATORIA PARA A PROBA LIBRE DA ESO
Na Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e dítanse instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
Prazos de matrícula:
Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.