O 11 de maio inauguramos no corredor da Planta Alta a exposición das Letras galegas A Teixido con Don Paco! coa presenza do alumnado de 1º B e D da ESO e 4º A da ESO, profesorado e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen destacou que esta exposición, ademais da súa beleza, é a máis grande de tódalas que visitou porque se ilustra un relato completo de Francisco Fernández del Riego: San Andrés de Teixido. As ilustracións do texto foron realizadas polo alumnado de Plástica de 3º e 4º da ESO e Debuxo Artístico de bacharelato. No percorrido da exposición tamén atopamos bichos (ratos, cóbregas, píntegas…), coma se foramos camiño de San Andrés de Teixido, un milladoiro e sanendresiños. Todas estas figuras foron feitas polos alumnos e alumnas de 1º da ESO.