
Alumnado de 3º da ESO participou no programa interxeracional “Fálame da emigración” da área de Envellecemento Activo de Afundación. A actividade, organizada polo Profesor de Xeografía e Historia David Taboada, desenvolveuse nas súas clases de 3º B e C. Persoas maiores voluntarias que viviron a emigración, acompañadas dun responsable de Afundación, viñeron contarlles ao alumnado as súas experiencias. Despois das intervencións, os alumnos e alumnas reflexionaron sobre a emigración: as causas e as dificulatdes que se deben afrontar así coma as diferenzas entre a migración galega e a inmigración a Galicia ou a outras partes do mundo.