O mércores, 10 de maio, Rosalía Teatro puxo en escena Unha mensaxe á humanidade, dentro da Mostra de Teatro Intercentros no Teatro Principal.
A obra, adaptación de varios textos, fomenta unha reflexión sobre temas de actualidade como o racismo, a xenofobia ou a intolerancia. Seguindo unha estrutura circular, propia do teatro do absurdo, os personaxes viaxan na procura dunha “cidade sen fronteiras”, na que todos viven en liberdade e harmonía. Ao longo do camiño atopan diferentes personaxes fantásticos que os van “guiando” para acadar o obxectivo.
O elenco, formado por alumnos e alumnas de ESO. e Bacharelato demostrou unha madurez interpretativa impropia de actores tan novos. Os asistentes á representación destacaron a naturalidade dos personaxes, tanto no movemento escénico como na proxección da voz.
Para a posta en escena deste espectáculo, realizouse unha proposta colaborativa entre os dous grupos de teatro do centro e alumnado do Bacharelato Internacional que cursa esta materia: Lía Araujo, Mauro García, Belén Rioboó, Alba Gulías, Alba Fernández-Cid, Héctor Fernández, Olivia Oreiro, Maira Facal, Ana Barreiro, Diana Botana, Daniel Fernández, Helena Franco, Zaira Martínez, Celia Abaña