O equipo formado polas alumnas de 1º de Bacharelato Internacional, María Lama e Pilar Jorge, acadaron, coa súa boneca de reanimación, o 2º premio na Feira Científica do País Vasco. María e Pilar deseñaron este invento da boneca, que permite aprender a reanimar sen axuda de ninguén, na clase de Tecnoloxía do profesor Constantino Álvarez en 3º da ESO, co que gañaron o Concurso Rosalía Innova. O curso pasado estiveron en Galiciencia e conseguiron o 2º Premio, que foi o pase para acudir á Feira Científica do País Vasco (Elhuyar Zientzia Azoka).

Este fin de semana, 2 e 4 de xuño, presentaron a súa boneca de reanimación no Arenal de Bilbao, onde se celebra a Feira Científica. Recibiron o 2º Premio na categoría de Educación Secundaria. Isto é o pase para acudir á Feira Internacional de Ciencia que se celebrará o ano que vén en Portugal.